Translate

lunes, 6 de abril de 2015

Muíños de Baleira

  Muíños da Esperela:

 

Coas augas da fonte da Ferrería, nada na Esperela, chegaron a moer ata catro muiños:
1- Muíño da casa de Nogueira, ( privado) hoxe propiedade doutra familia.
2- Aceña de Valín, antiga propiedade da casa de Valín. Con dous rodicios e pedra fracesa, unha pró gando e outra panificabre. Era acea de maquía traballada por muíñeiros de arrendo, entr`eles o coñecido coma o Bouzas. A actual propiedade desta acea pentence ás casas de Margarito e Pascasio.
3- Muín da casa do Menor de Corbeira, (particular) está no lar chamado o prau do Muín. 
4- Muín de Corbeira, (privado) pertencente a casa do Cabo ou de Don Diego, de Corbeira. Atópase no lar chamado o prau da fonte.
O devanditos muíños está emprazados entre os pobos da Esperela, Valín, Corbeira, A Peza, e o Castro de Valdería.

ACEÑA DE VALÍN:


Aceña de Valín

Canle ou caneiro de alimentación da aceña de Valín

Fachada con xanela circular ( acea de Valín)
Vista da acea de Valín
Estado interior (Acea de Valín)
Pedras ou móas (acea de Valín)

MUÍN DA DE NOGUEIRA:

Parede lateral con pousadoiro (Muín da casa de Nogueira, A Esperela)
Restos das paredes (muín de Nogueira)
Vistas (muín de Nogueira, A Esperela)



MUÍN DA CASA DO MENOR:

Vistas (muín da casa do Menor, Corbeira)
Parede lateral con pousadoiro (Muín do Menor)
Xanela (muín do Menor)
Muín do Menor
Muín do Menor (Curbeira)
MUÍN DE CORBEIRA:

 Fachada Muín de Corbeira, da casa do Cabo ou Don Diego (Corbeira)
 Muín de Curbeira
 Muín de Corbeira
Vistas muín de Curbeira (Curbeira)

 

 

Muíño Privado da casa do Zaramelo (A Pradeda):

Este muíño está emprazado no chamado rego da Pradeda que, rega a pradería de Zaramelo. Conta cun pequeno encoro onde reten a auga, á hora de facer a moenda ábrese a canle; ó rematar péchase e, así queda enchendo ata a vez siguinte.
Conta cun guindais pra mudar as móas. Está en bo estado.

 Muíño privado da casa do Zaramelo (A Pradeda)
 Guindais de mudar as móas
Rodicio (muíño de Zaramelo)
Hucha da fariña e pedra (Muíño de Zaramelo)

 

Ó MUÍN


Pasín a pasín
andando o camín
chegamos ó muín;
un muín abandoau
que queda en lembranza
que moeu tanto grau;
logar de xontanzas
logar de romarías,
en canto agardaban
polas súas maquías
êsí se adevertían:
Danza miña Manola,
danza nunha perna sola,
qu-hei d`ir comerche a bola,
danza miña Manola,
qu-hei d`ir comerche a bola.
Pasín a pasín
andando o camín
deixamos o muín,
probín, meu probín.

                                                                                                                               Antón Cando.

 

Muín de Vilaselle:

O citado muín é de varios aparceiros, turnábanse por quendas, facendo cada un a súa moenda cando tiñan o seu respeitivo día. Moían nel: a veciñanza de Perrelos, Vilaselle, O Candín. As veces cambeábanse quendas cós veciños de Sanguñedo llôs Penedos.
Era movido polo rego da Férveda que, baixa do Touzón e Perelos e, rega os praus de Vilaselle, êsí coma fai de abrevadoiro e, en tempos contaba con lavadoiros pró vecindario.
Atópase en estado de abandono e con muita maleza.

 Fachada do muín de Vilaselle
 Entrada (Muín de Vilaselle)
 Pousadoiro prós sacos (muín de Vilaselle)
 Rodicio (Muín de Vilaselle)
Saída d`augas (muín de Vilaselle)

Tellado (muín de Vilaselle)

 

Muíño da Reixoá (A Gulpilleira):

Este muíño foi de varios aparceiros. Moía co  chamado rego da Granda.
Só existen algunhas paredes, cubertas de  matogueiras. Atópase entre vexetación autóctona, entre tódalas árbores, destaca un antergo castiñeiro de considerabre perímetro.

 Castiñeiro o carón do rego da Granda e, enfronte do muíño da Reixoá
 Restos do muíño da Reixoá (A Gulpilleira)
 Restos dunha fachada (Muíño da Reixoá)
 Pousadoiro (muíño da Reixoá)
 Castiñeiro exemprar (muíño da Reixoá)

 

Muíño vello do Fiero (A Gulpilleira):

O devandito muíño e propriedade da familia do Fiero, Foi sempre muíño de maquía, atendido por muiñeiros desta familia. Móe coas augas do rego da Granda, o  Boisindín e, o rego de Fozadoiros, que baixan da Serra do Pozo e da de Penas; (lar postulado coma nacemento do río Eo, según a  decumentada teoría d `iste outor ) este cauce desemboca no río Piago que, baixa do Cádavo recollendo augas, pra xuntarse logo co  postulado río Eo.
Conta con rodicio e aspas de ferro, e unha canle de conducción do mesmo material. O conxunto está en estado ruinoso.
A familia do Fiero rexe a chamada "Aceña do Fiero" industrial que segue  moendo panificabres hoxendía prá toda a comarca.

 Canle ou caneiro (muíño vello do Fiero)
 Fachada (muíño vello do fiero)
 Fachada e porta (muíño vello do Fiero)
 Rodicio (muíño vello do Fiero)
Vista superior (muíño vello do Fiero)


Muíño de aparceiros de Aldegunde:

Está ubicado ás aforas de Aldegunde, no chamado rego da Cadorna. Neste cauce houbo en tempos ata tres muíños de aparceiros.
Este muíño derrubouno o temporal Hortensia, e xa non foi restaurado, non voltando a moer dende aquela.
Queda algo da estructura das paredes, atópase entre a vexetación.

 Base do muíño d`Aldegunde
 Fachada (muíño de Aldegunde)
Fachada e rego da Cadorna ( Muíño d`Aldegunde)
 Cano do rodicio ( muíño d`Aldegunde)
 Esquina (muíño de Aldegunde)
 Fachadas (muíño de Aldegunde)
 Rego da Cadorna (muíño de Aldegunde)
Vistas (muín d`Aldegunde)

 

Aceña do Pacio:

Acea de maquía, ou con muíñeiro de oficio. Esta construcción está soa, nunha paraxe chá no fondo do val, entre os pobos de Airexe, Vilar, Pousada e, Regodepreira.
Moeu ata fai poucos anos. Ardera; recentemente restaurado.
Presenta bo estado.
 Caneiro (Aceña do Pacio, Pousada)
 Entrada (aceña do Pacio)
 Fachada (Aceña do Pacio)
 Vistas (aceña do Pacio)
Canos dos rodicios (aceña do Pacio)

 

Muíño do /Queirogal-Quintá:

Muíño de aparceiros. Foi restaurado pola deputación.
Amosa moi bo estado.




  Canle (muín do Queirogal-Quintá)
Entrada (muín do Queirogal)
Vistas
Saída d`augas
Muín do Queirogal

 

Acea das Cruces (Queirogal):

Muíno privado ou da maquía. A devandita acea pertenceu ou "pertence" a familia dos Cruces do Queirogal.

Aceña de Cuenzas (Fonteo)

Acea de Maquía. Pertencente as familias dos Cuenzas e os Escobar.

Abrairas:

Muíño privado da casa do Rocho.


Muíños de Retizós:

Nesta parroquia en tempos houbo ata tres muíños. Colinda está parroquia có vecindario de Sanromau, o Alledo  e a Muíña.
(En proceso de inventariar)

Muín de Retizós (restaurado pola Deputación)

Muíños do Estornín e Penas

 

En Penas está o muín particular da casa do Teso, movido polas augas do rego da Raíz. Facían a moenda pró seu gando. (pendente de fotografar)
No Estornín está o muín particular da casa de Riba, emprazado a marxe do chamado río de Penas. Moían pró gando. Os panificabres nesta contorna íanse moer a Cubilledo, aceña de Sampaio.


 Vistas muín particular da casa de Riba do estornín
 Fachada e pousadoiro ( muín casa de Riba do Estornín)
 Rodicio de ferro (muín casa de Riba do Estornín)


Vistas do río de penas e mailo muín ( propiedade da casa de riba do Estornín)


Máis sobor dos muíños

No hay comentarios:

Publicar un comentario